InicioOrientalRibadeoRibadeo acondicionará a área recreativa da Vilavella despois de recibir unha axuda...

Ribadeo acondicionará a área recreativa da Vilavella despois de recibir unha axuda destinada a esta obra

A concelleira de Obras, Mónica Freire, asegurou que "desde o goberno estamos satisfeitos por esta nova, por esta achega, xa que este é un proxecto no que levamos traballando moitos meses e co que pretendemos seguir avanzando na conservación ambiental de toda esta zona que conta con numerosas figuras de protección".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo executará o acondicionamento da área recreativa da Vilavella, logo de recibir unha axuda para este fin. A concelleira de Obras, Mónica Freire, agarda que os traballos estean rematados a finais do verán ou principios do outono.

A edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo acaba de recibir no día de hoxe a resolución de concesión dunha axuda para a execución da área recreativa na zona de Vilavella. Desde o goberno estamos satisfeitos por esta nova, por esta achega, xa que este é un proxecto no que levamos traballando moitos meses e co que pretendemos seguir avanzando na conservación ambiental de toda esta zona que conta con numerosas figuras de protección. Para nos esta axuda supón un recoñecemento ao traballo que se leva facendo desde o Concello durante xa moitos anos para mellorar todo o entorno da ría de Ribadeo”.

Freire Rancaño explicou que “o orzamento desta actuación é de 40.000 euros e conta cunha achega de 29.000 procedentes do Fondo de Compensación Ambiental. Esperamos que estas obras estean realizadas a finais do verán ou comezos de outono”.

A concelleira de Obras subliñou que “o que pretendemos con estas actuacións é acondicionar este espazo para convertelo nunha area recreativa de fácil acceso a pé ou en vehículo, e que serva de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas dentro do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico que percorre toda a nosa costa. Deste xeito recuperaremos e ampliaremos o espazo verde agora mesmo ocupado pola antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano, converténdoa así nunha zona de lecer, de descanso e de paso dentro da ruta de sendeirismo que conduce ao citado Muíño das Aceas. Entre as actuacións contempladas atópase o axardinamento deste espazo, a instalación de iluminación vertical LED de baixa emisión lumínica, o acondicionamento dunha zona de aparcamento, crearemos tamén un miradoiro cunha varanda de seguridade e tamén instalaremos mobiliarios como bancos, mesas e aparcabicis e paneis informativos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...